Feijóo Avala Ante O Presidente Do Grupo Psa A Capacidade E Competitividade De Vigo, Do Ctag E Da Industria De Compoñentes Como Garante Do Éxito De Novos Proxectos Automobilísticos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avalou ante o presidente de PSA Peugeot Citroën, Carlos Tavares, a capacidade e a competitividade da planta de Balaídos, do CTAG e da industria galega de compoñentes como garante do éxito de novos proxectos automobilísticos. “Imos seguir traballando con rigor, acreditando a capacidade de flexibilidade da factoría PSA en Vigo, a capacidade de adaptación en custes das empresas de compoñentes e a capacidade de innovación e de investigación do CTAG. Con estas tres ferramentas: competitividade da factoría, das empresas de compoñentes e competitividade na innovación do CTAG, temos unha candidatura forte e armada”, aseverou.

Feijóo, que defendeu a posición competitiva de Galicia, resaltou ante o máximo executivo da firma as vantaxes estratéxicas de Vigo para facerse cos novos modelos de PSA Peugeot Citroën, e salientou o apoio do Goberno galego con todos os instrumentos ao seu alcance para reforzar a alianza entre Vigo e Citroën ante proxectos futuros. O xefe do Executivo galego subliñou a capacidade de Vigo para dar resposta ás necesidades presentes e futuras da compañía, e incidiu en que xa é unha das plantas máis competitivas de PSA Peugeot Citroën en todo o mundo, liderando a produción de vehículos na empresa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.