Fin de semana intensa en Ribeira. Mentres se inauguraba o novo Auditorio municipal, a praza de España tamén atraia as miradas e aos visitantes coa Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. Na súa quinta edición, esta cita organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira e que arrancou o venres atraeu a unha gran cantidade de compradores e curiosos.