As Xvi Xornadas De Homenaxe A Valle-Inclán Ofrecen Un Completo Programa De Actividades Co Apoio De Cultura E Educación

As Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán celebran este ano a súa décimo sexta edición cun programa de actividades multidisciplinar que se desenvolverá no concello da Pobra do Caramiñal do 3 ao 31 de outubro, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Conferencias, recitais, monólogos, exposicións, lecturas dramatizadas, teatro e espectáculos musicais conforman a programación desta nova edición das xornadas, que foi presentada hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; polo alcalde do municipio, Isaac Maceiras, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. Así o anunciou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que visitou esta mañá o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, acompañado polo alcalde do municipio coruñés, Isaac Maceiras; pola concelleira de Cultura, Encarnación Montemuiño; e polo director do centro, Antonio González Millán.
http://youtu.be/GffuNWmLij0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.