Porto Do Son

O CONCELLO DE PORTO DO SON TRABALLA PARA QUE O NOVO COLEXIO DE PORTOSÍN SEXA UNHA REALIDADE

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, mantivo recentemente unha reunión de traballo co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar os proxectos a desenvolver pola Xunta nesta lexislatura no municipio. Un dos prioritarios para o Goberno local é o novo colexio de Portosín, proxecto que avanza xa que Oujo agarda que a finais de verán poidan poñer os terreos onde se construirá o centro a disposición da Consellería de Educación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.