O derradeiro pleno de Muros aprobou diferentes cuestións, unha delas unha moción na que se lle solicita á Xunta que deixe de cobrar taxas por realizar actividades nos espazos portuarios da localidade. A alcaldesa María Lago sostén que as accións que se celebran no porto corresponden na súa totalidade a actos impulsados dende o concello.
O CONCELLO DE MUROS RECLAMA Á XUNTA QUE NON SE COBREN TAXAS POR REALIZAR ACTIVIDADES NO ESPAZO PORTUARIO


