Un dos atractivos turísticos máis potentes da ría de Arousa está no mar. Trátase do Parque Nacional das Illas Atlánticas, puntos que se queren potenciar un ano máis. Para iso o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Turismo, impulsa seis viaxes para coñecer este conxunto de illas. Actividade que sempre conta cunha alta aceptación por parte de visitantes e veciños.
A POBRA DO CARAMIÑAL DARÁ SAÍDA A SEIS VIAXES PARA COÑECER O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS


