A Federación Galega de Orientación, o club Arnela e o Concello de Ribeira sumáronse á iniciativa do Proxecto Libera para coidar e concienciar sobre a sostibilidade e a conservación dos entornos naturais. Nesta ocasión púxose o foco na basuraleza polo que se organizou unha recollida colectiva de lixo na praia de río Azor o venres pola tarde.