Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PLENO DA POBRA INSTA A PORTOS DE GALICIA A QUE EXIMA A CONCELLOS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO O PAGO POLO USO DE TERREOS PORTUARIOS

O salón de plenos da Casa Consistorial da Pobra acolleu onte a sesión plenaria ordinaria do mes de maio. Nela tratáronse finalmente oito puntos, comezando pola moción presentada polos veciños sobre o proxecto de ampliación da fábrica Escurís situada no lugar da Baiuca. Punto que foi aprobado con 7 votos a favor de Nós Pobra, BNG, PSOE e VixP, e 6 en contra do PP. O Plan de medidas antifraude do concello contou co apoio unánime dos grupos. O seguinte en tratarse foi a iniciativa do BNG para modificar a Lei 6/2017 de Portos de Galicia para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización de terreos portuarios.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil