Esta mañá celebrouse unha nova sesión plenaria no Congreso dos Diputados cara á que se dirixían todos os focos. A cámara tratou un dos temas máis comentados nos últimos meses: a Lei de Amnistía. A norma pechou o seu paso polo parlamento xa que foi aprobada por 177 votos a favor e 172 en contra. O PSOE sumou os apoios dos seus habituais socios: ERC, Junts, PNV, Bildu, BNG, Sumar, Podemos e o exministro Ábalos, agora no grupo mixto.
O CONGRESO APROBOU A LEI DE AMNISTÍA CON 177 VOTOS A FAVOR E 172 EN CONTRA


