Lousame viviu momentos nos que ter electricidade durante un día de forma continuada era unha quimera. Os cortes de luz eran unha constante que ocasionaban numerosos problemas aos veciños. O Goberno local trasladou esta situación ao responsable do servizo para que se solucionaran xa que ademais de afectar ao día a día dos lousamiáns tamén danaba os electrodomésticos. A alcaldesa do municipio, Teresa Villaverde, afirma que o número de cortes de luz se reduciu.
OS CORTES DE LUZ QUE ASOLABAN LOUSAME REDÚCENSE


