O Agustín Mourís vestiuse de gala para acoller o Campionato Galego de Boxeo Elite masculino e feminino, unha cita na que participaron os mellores boxeadores do panorama galego. O SKT, club local, organizou esta proba na que combateron 40 persoas de todas as categorías, dende os 57 kilos ata os 92. Vivíronse 10 pelexas de gran nivel por día, xa que a competición comezou o sábado e finalizou onte.




