Un venres máis os profesionais sanitarios da comarca amosaron o seu malestar pola falta de médicos nos centros de saúde. Hai dúas semanas iniciáronse estas mobilizacións no consultorio de Ribeira e hoxe foron os facultativos de Rianxo os que puxeron voz á problemática que están a vivir no seu lugar de traballo.