O PORTUS APOSTOLI CELEBROU OS ÉXITOS DA TEMPORADA NA CASA DO CONCELLO DE NOIA

A temporada 2023-2024 foi complicada para o Noia Portus Apostoli, pero logo de moito traballo e esforzo o equipo cumpriu os obxectivos marcados ao comezo da mesma. Un gran tramo final da temporada pechou a súa permanencia na Primeira División e o pasado venres os brancos conquistaron a súa terceira Copa Galicia consecutiva. E do bo papel do filial e dos equipos base. Para celebrar os seus éxitos o equipo foi recibido onte na casa do concello de Noia.
22052024 11 RECEPCION NOIA PORTUS APOSTOLI

Salir de la versión móvil