Un nome propio do atletismo da comarca é o de Lidia Parada. A lanzadora de xavelina é un referente aínda que por diversos problemas non puido competir nos últimos tempos. Despois de case dous anos sen disputar ningunha proba, a pobrense volveu a sentir a emoción competitiva no VII Trofeo Atletismo Barbanza.




