Esta mañá desenvolveuse un novo Consello da Xunta no que se adoptaron diferentes acordos. O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que se destinarán máis de 12 millóns de euros para subministrar un medicamento CAR-T para pacientes con linfoma. Unha compra que segundo apunta Rueda se enmarca na aposta do Executivo autonómico por ir á vangarda na loita contra o cancro e no avance cara unha medicina máis personalizada.
A XUNTA DESTINA 12 MILLÓNS DE EUROS Á SUBMINISTRACIÓN DUN INNOVADOR MEDICAMENTO PARA PACIENTES CON LINFOMA


