martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Control de acceso a rúas peonís de RIVEIRA mediante lectores de matrículas

Nos últimos días se ten procedido á instalación nas rúas Galicia e Santa Uxía de catro lectores de matrículas correspondendo a unha actuación que arrancou na súa tramitación administrativa en novembro de 2014 estando financiada na súa integridade pola Deputación da Coruña.
A decisión de pór en marcha esta actuación respondeu a un momento no que o acceso de vehículos non autorizados nas citadas rúas peonís era notoria e constante, amosándose de todo ineficaces os bolardos automáticos instalados para regular dito acceso que, deliberadamente ou non, resultaban estragados aos poucos días das súas continuos arranxos, para menoscabo das arcas municipais, ademais de incidir nun máis rápido deterioro do pavimento.

Agora ben, nos últimos tempos se ten detectado un cambio moi significativo no estado da situación, con condutores moito máis concienciados á hora de respectar un espazo reservado a viandantes, sendo moi puntuais os casos en que se produce unha utilización indebida de tales rúas.

Así e logo, o Executivo local quere aclarar que namentres persista este comportamento normalizado en relación ao uso e disfrute dos espazos peonís, non ten intención de activar este sistema de control, senón que soamente recorrerá a el no caso de que se volte a situación anterior con entradas indiscriminadas de vehículos non autorizados.

https://www.youtube.com/watch?v=BedFksIlG0Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.