Fortalecer o comercio local é un dos obxectivos propostos polo Goberno da Pobra do Caramiñal. E para conseguilo o concello vén de poñer a disposición dos negocios do municipio unha nova prestación. Un servizo de asesoramento integral para os comercios pobrenses para darlles facilidades na mellora do rendemento dos establecementos que se iniciou o pasado mes de abril.
O CONCELLO DA POBRA OFRECE SERVIZO DE ASESORAMENTO INTEGRAL AOS NEGOCIOS DO MUNICIPIO


