Noia acolle o 11 de decembro a 7º proba do circuito de carreira de montaña Trail Galaica. Organizada polo Concello de Noia en colaboración coa Federación galega de atletismo trátase dunha carreira de montaña que ten como finalidade ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o «reto» do trail de montaña.
Agardan contar coa participación duns 200 corredores e corredoras. Esta é unha disciplicana en auxe, o vindeiro ano unha destas probas de trail Galaixa será Campionato de Galicia.