Ribeira

UN TRABALLADOR FALECEU LOGO DE QUEDAR ATRAPADO BAIXO UNHA ÁRBORE EN RIBEIRA, EN SAN AMEDIO

O día de onte houbo que lamentar o falecemento dun traballador dunha empresa madeireira de Negreira. Estaba a realizar o seu labor no monte da Curota, en San Amedio, Oleiros, cando quedou atrapado baixo un eucalipto. O suceso tivo lugar antes das 16.00 horas da tarde de onte, cando un compañeiro chamou ao 112 para alertar deste accidente laboral. O servizo de emerxencias mobilizou rapidamente aos efectivos, entre eles os bombeiros de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.