A Sociedade Liceo de Noia abriu as súas portas este domingo para albergar a Copa Federación Galega e o Campionato Galego de Savate, probas organizadas polo club local ITF Noia. A xornada desenvolveuse con normalidade e con moi bo ambiente. E o conxunto da vila noiesa rematou con numerosos podios nas dúas competicións.