Cun gran peso fóra, o Noia Portus Apostoli afronta o último encontro dunha temporada moi complicada na que un gran tramo final garantiu a permanencia dos brancos un ano máis na Primeira División. O equipo adestrado por Manuel Cossío e David Palma encadea unha derrota e catro vitorias nas últimas cinco xornadas e quere despedirse cun novo triunfo. Non será fácil xa que os noieses visitan a pista do Inter, cuarto clasificado.