A ría de Muros e Noia foi o escenario escollido para a disputa do Campionato de España de ILCA 4 que se desenvolveu ao longo de cinco xornadas organizadas polo Náutico de Portosín. A competición chegou ao seu final logo de varias probas protagonizadas pola dureza do mar e das condicións meteorolóxicas. Os regatistas amosaron unha gran fortaleza e vontade para superar ao vento, á chuvia e ás ondas.
OS CANARIOS ALONSO PÉREZ E PATRICIA CABALLERO PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE ILCA 4 EN PORTOSÍN


