O auditorio do Museo Valle-Inclán abriu as súas portas a unha nova autora na Pobra do Caramiñal. María Fernández Sandoica estréase como escritora co seu poemario “Todo lo que no confundimos por amor”, obra dividida en tres partes nas que explora a temática amorosa dende Romper(nos), chegando a Reconstruir(nos) ata Amar(nos). Sentimentos e emocións recollidas en 140 páxinas nas que plasmou o seu sentir.

