As augas que bañan o porto da Pobra do Caramiñal volveron a acoller unha nova proba de remo, nesta ocasión coa disputa da regata da Pobra correspondente á Liguilla Territorial Norte de Traiñeriñas. O sábado á tarde unha decena de equipos participaron nesta competición que se tinguiu do vermello de Cabo da Cruz.
CABO DA CRUZ DESTACOU NA REGATA DA POBRA DA LIGUILLA TERRITORIAL NORTE DE TRAIÑERIÑAS


