Celebración no Julio Mato Matito logo dunha temporada de sobresaínte para o Noia. A falta de dúas xornadas para rematar a competición, os brancos veñen de confirmar o seu ascenso á Terceira RFEF tras gañar ao San Tirso e pechar así o seu gran obxectivo da temporada. O Boiro persegue tamén ese soño e está moi preto de logralo despois de levarse os tres puntos do seu duelo co Ribadeo. A parte negativa desta 32 xornada da Preferente foi a derrota do Cidade de Ribeira pola mínima ante o Lemos.
O NOIA XA É EQUIPO DE TERCEIRA RFEF LOGO DE IMPOÑERSE AO SAN TIRSO


