En Marea trata de implicar á cidadanía no seu proxecto parlamentario, así o explicou o grupo parlamentario que mantivo un encontro na Pobra do Caramiñal.

O grupo parlamentario de En Marea escolleu a Pobra do Caramiñal para achegarse á veciñanza da Barbanza , tratando de coñecer as súas inquedanzas e facelos partícipes do seu programa.
No encontro os deputados e deputadas de En Marea (Luís Villares, Antón Sánchez, Luca Chao e Manuel Lago) explicaron as distintas tarefas e traballo que se está a desenvolver no Parlamento de Galicia pero tamén informaron de como participar de xeito activo e directo como a través dos distintos grupos de traballo sectoriais constituídos no Parlamento, desde as propias Mareas locais ou creando novos grupos de traballo locais alá onde non exista Marea, ou participando no proceso aberto de renovación dos órganos de dirección de En Marea.

https://www.youtube.com/watch?v=ZwaUhPPDvSc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.