Lonxe de romper ou substituír o Estado das autonomías ou a España das autonomías por modelos que basean o seu atractivo na súa vaguidade, Feijóo puxo de manifesto así a necesidade de cumprilo en toda a súa extensión, facendo que as comunidades autónomas non sexan algo periférico, senón nuclear no Estado español, mediante a activación de mecanismos durmidos e incluso coa creación de instrumentos novos.
Durante a conferencia Estabilidade e sustentabilidade nun Estado descentralizado, que impartiu no Círculo de Economía, en Barcelona, o titular do Executivo galego destacou nun primeiro termo a necesidade de non mesturar o financiamento autonómico co debate identitario.
https://www.youtube.com/watch?v=BiwLHNPiYz0