A Xunta vén de finalizar as obras de execución dunha gabia entre os puntos quilométricos 21+100 e 21+406 da Vía de Altas Prestacións (VAP) Brión-Noia, ao seu paso polo concello coruñés de Lousame. Esta actuación, que ten un prazo de execución dun mes, conta cun orzamento de máis de 27.000 euros e foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A. (NOSA).
Concretamente, estas accións consisten na execución dunha gabia de formigón na marxe dereita da VAP Brión-Noia, co propósito de mellorar a recollida das augas de drenaxe. Neste treito, o terreo colindante á estrada foi explanado, como previsión dun futuro desdobramento, nestas obras observouse que a baixante desauga unha gran cantidade e a pendente natural non é suficiente para o desaugue correcto.
Por esta causa, levarase a cabo esta infraestrutura de seguridade de tres metros de ancho, similar á existente na marxe esquerda. Nas seguintes imaxes pódese ver o resultado desta actuación:
https://www.youtube.com/watch?v=cg0D3TyjlEA