A Preferente afronta o seu final coa disputa da xornada 32 onde se poden pechar varias cuestións, como os ascensos. No grupo Norte o Noia lidera a clasificación e un triunfo ante o San Tirso daríalle a chave para converterse en equipo de Terceira RFEF. Obxectivo que tamén persegue o Boiro que precisa gañarlle ao Ribadeo para acariñar o ascenso. O Cidade de Ribeira busca unha nova vitoria para acabar a competición o máis arriba posible na táboa.