A portavoz do BNG Ana Pontón participou nun acto na Pobra, no que abordou o novo tempo emprendido polo Bloque para reconectar coa sociedade e ser alternativa ao PP en catro anos

Baixo o título Galiza ten futuro: Unha alternativa nacionalista, a portavoz nacional e parlamentaria, do BNG, Ana Pontón, participou nun acto aberto á cidadanía na Pobra do Caramiñal onde explicou o proceso de redefinición do proxecto nacionalista no que esta traballando o BNG que concluirá na Asemblea prevista para febreiro de 2017.
Pontón subliñou que a formación que dirixe xa iniciou un tempo novo e os resultados do 25S, sen ser satisfactorios, confirman que foron acertados os cambios realizados para iniciar a recuperación social e electoral e converterse en alternativa ao PP en catro anos.
Neste sentido, afirmou que están nun momento no que a política é máis necesaria que nunca.
Pontón avogou por construír máis «poder galego» para reforzar o país “apostando por construír un tecido social e económico máis vivo e dinámico, cun deseño máis autocentrado orientado a crear riqueza e emprego”.

https://www.youtube.com/watch?v=lkPM5B7uoEI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.