Era un día sinalado no calendario e os maiores de Porto do Son desfrutaron da súa comida de confraternidade. A carpa, situada na fachada marítima do municipio, encheuse de persoas maiores de 65 anos que se xuntaron para desfrutar dunha xornada diferente que comezou coa misa na igrexa parroquial de San Vicente de Noal. Logo se puxo rumbo á carpa onde preto de 750 persoas se congregaron para desfrutar da comida, da compañía e da música.