A última hora da tarde do sábado foi detido Evaristo Andrés, alias Spiderman, por un presunto delito de hurto de 20 kilos de limóns. Estos sustraéronse dunha propiedade privada na rúa Gavoteira na Pobra do caramiñal. Sendo un veciño o que aletarba á Policía Local de que presenciara como un varón saltaba un muro para acceder á propiedade.
Cando os axentes chegaron ao lugar dos feitos atopáronse cunha muller que portaba un carrito con 20 kilos de limóns. Mentres a policía falaba con esta percatáronse da presenza dun home escondido tras uns contedores de lixo. Unha vez interceptado confirmaron que se trataba de Spiderman, quen ademáis confesou ser o autor do roubo dos cítricos.
Os policías comunicáronse coa Garda Civil do posto de Boiro, quenes confirmaron que o arrestado tiña unha orde de busca, detención e ingreso en prisión dictada o pasado día 22 polo Xulgado do Penal número 4 de A Coruña. Ademáis os axentes da Policía Local da Pobra consideran ao arrestado sospeitoso de outros roubos con forza nas últimas semanas.

