Deputación Da Coruña

Luz verde da deputación á modificación do proxecto de renovación de servizos da rúa ÁLVARO CUNQUEIRO en RIVEIRA do POS 2015

A Deputación Provincial vén de comunicar ao Concello de Riveira o seu visto bo no pleno de novembro á modificación solicitada pola Corporación dunha actuación que estaba incluída no POS Adicional 2015: a renovación de servizos na rúa Álvaro Cunqueiro, alterando deste xeito o proxecto inicial aprobado en febreiro de 2015 pola institución coruñesa.

Así, o proxecto modificado mantén a mesma partida: 164.388,77 euros, das cales o Concello aporta 33.982,23 euros e a Deputación, 130.406,54 euros. O prazo de execución é de catro meses.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.