Avelino Ageitos, xerente da empresa Rótulos Ageitos ten o sentido do humor como modo de vida e nun día de agobios no traballo decidiu parar e pensar nunha broma agora que chegan as festas do San Marcos a Noia. Antigamente a praza do Curro acollía corridas de touros sobre todo durante as festas e Ageitos como veciño do concello recorda esos tempos. Sumando estas dúas ideas nace a idea de crear un cartel simulando que os touros voltaban a Noia.
UN CARTEL ANUNCIANDO A VOLTA DOS TOUROS A NOIA DESATA UN ALBOROTO EN TODO O CONCELLO ATA QUE SE DESCUBRE QUE SE TRATA DUNHA BROMA DUN VECIÑO


