O remo volveu a tomar o protagonismo na comarca coa disputa do Campionato Galego de Bateis. As augas que bañan o porto da Pobra do Caramiñal volveron a converterse en campo de regatas polo que pasaron centenares de participantes nunha gran xornada para o remo. O público encheu os arredores para ver as finais autonómicas que en ata cinco categorías foron para Cabo da Cruz.