Icono del sitio CanalBarbanza.com

A GARDA CIVIL INVESTIGA A UNHA MULLER POR PRESUNTO DELITO DE SEGURIDADE VIAL

O subsector de Tráfico da garda Civil de A Coruña remitiu á autoridade xudicial o caso dunha conductora de 23 anos presuntamente implicada nun delito ontra a seguridade vial ao circular en varias ocasións sen permiso de conducir.
Cartel de YouTube
Os feitos tiveron lugar o 15 de abril, cando axentes do Destacamento de Tráfico de Santiago interceptaron á conductora. O feito cobrou maior relevencia xa que a persoa implicada comparecera no xulgado de Padrón ese mesma mañá por nha infracción similar nas estradas do Barbanza.

Os axentes ordearon á conductora que detivera o vehículo, sen embargo está optou por acelerar e tentar fuxir da acción da xustiza. Ante esta acción tivo lugar unha persecución polas estradas de Padrón e Dodro, ata que finalmente detivo o vehículo e tentou escapar a pé. Aínda que a tentativa foi en vano xa que caeu nun arroio. Tivo que ser rescatada pola patrulla e posta novamente baixo investigación xudicial.

Ademáis da novas dilixencias xudiciais, a conductora foi denunciada por conducción temerarias e ao someterse a un control de detección de drogas deu positivo en THC a espera das probas de laboratorio.

En caso de reincidencia, a conductora podería enfrontarse a penas de prisión de tres a seis meses, multas de doce a vintecatro meses e traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Salir de la versión móvil