Deportes

VÍCTOR SENRA E NÉSTOR CASAL REINARON NO RALLI DE NOIA

Noia, Lousame, Brión, Ames e Rois sentiron de cheo o ruxir dos motores do Rali Berberecho de Noia. O venres e o sábado os coches tomaron as estradas para ver quen se facía coa vitoria e finalmente cumpríronse as previsións e Víctor Senra fíxose co triunfo na xornada final. O dumbriés amosou a súa superioridade marcando o mellor tempo en todos os tramos do sábado.

Estreouse tamén tramo xa que o de Brión era unha das novidades desta edición e Víctor Senra ampliou aí a súa diferenza cos rivais. A tarde non se desenvolveu segundo o agardado. Cando se estaba a correr no quinto tramo as asistencias médicas tiveron que actuar pola indisposición dun afeccionado que faleceu a pesar da intervención dos sanitarios. Información compartida pola Escudería Berberecho

A xornada continuou co sexto tramo, onde se viviu a segunda novidade ao centrarse en Ames. No mesmo tiveron que abandonar varios dos pilotos que marcaban bos tempos: Alberto Otero e Manolo Senra. Víctor Senra era o líder en solitario da proba logo de marcar os mellores tempos na xornada e seguiu espremendo o seu citroen c3 para ser o máis rápido no sétimo e oitavo tramos da man do seu copiloto Néstor Casal. Que se anotaron o seu terceiro triunfo seguido

O segundo lugar foi para Alberto Meira e Avelino Martínez co seu Skoda Fabia e pecharon o podio Daniel Berdomas e Brais Mirón no seu Volkswaguen Polo.

A seguinte parada do Campionato Galego de Ralli será o 10 e 11 de maio coa proba que se desenvolverá na Mariña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.