Rianxo

A GARDA CIVIL DETÉN A UN VECIÑO DE RIANXO POR UN DELITO CONTRA A SAÚDE PÚBLICA NA SÚA MODALIDADE DE TRÁFICO DE DROGAS

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro iniciou unha investigación en febreiro deste ano 2024 tras coñecer a existencia dun punto de venta de drogas na localidade de Rianxo, preto do Centro de Educación Secundaria.

No marco da operación RIATOY, os axentes identificaron o punto de venta e á persoa responsable da súa distribución. Unha vez recollidas as probas suficientes da actividade ilegal, procedeuse a súa detención. Un varón que establecera a súa residencia en Rianxo facía escasos meses.

O arresto tivo lugar cando o sospeitoso realizaba unha transacción no centro do municipio. Os axentes confiscaron as sustancias e os cartos en efectivo ademáis de identificar á persoa coa que negociaba. Tralo arresto A Garda Civil procedeu a recistrar o domicilio do acusado, onde atoparon máis sustancias e utensilios para a súa dosificación e manipulación. En total confiscáronse 2.97,50 gramos de marihuena, 528 doses de cocaína, 4250 euros en efectivo e varias balanzas de precisión e envoltorios para a dosificación e venta.

O detido foi trasladado ás dependencias da Garda Civil para a instrucción das dilixencias por un presunto delito de tráfico de drogas. Posteriormente pasou a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de garda de Padrón.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.