Deportes

O PORTUS APOSTOLI REGRESA Á COMPETICIÓN COA VITORIA COMO OBXECTIVO

Volve a Primeira División Masculina de Fútbol Sala logo do último parón da temporada. Tan só quedan catro xornadas por disputarse, catro finais para o Noia Portus Apostoli que buscará sumar a súa terceira vitoria seguida para seguir afastándose da zona de descenso. Os noieses mídense mañá no Agustín Mourís ao Industrias Santa Coloma, oitavo clasificado, duelo no que buscarán amosar a boa versión que os levaron a impoñerse ao Ribera Navarra e ao Mallorca Palma Futsal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.