Deportes

NA PREFERENTE O NOIA RECIBIRÁ A VISITA DO LEMOS

5 encontros, son todos os que quedan para chegar ao final dunha nova temporada e aínda queda todo por decidir. Na Preferente dispútase a xornada 30 que traerá duelos moi destacados e relevantes para os equipos da comarca enmarcados no grupo Norte.

Pase o que pase o Noia seguirá sendo o líder unha fin de semana máis xa que lle saca catro puntos ao segundo, o Boiro. Sen embargo o conxunto adestrado por Iván Carril non quere especular e sairá este domingo a pola vitoria no Julio Mato Matito. Os brancos vivirán un duro encontro xa que se medirán ao Club Lemos, undécimo clasificado, co que empatou na primeira volta. O duelo entre o Noia, que empatou o seu último partido, e os de Monforte vivirase este domingo a partir das 17.30 horas no Julio Mato Matito.

Pola súa banda o Boiro precisa volver a gañar para non perder a estela co Noia e manter a distancia co terceiro clasificado, o Sigüeiro. Os pupilos de Anxo Casalderrey non xogaron o seu mellor partido a pasada xornada, polo que caeron na casa ante o Sofán, resultado do que queren resarcirse para encarar a parte final da temporada cun triunfo. Os boirenses visitarán o sempre difícil campo do Galicia Mugardos, noveno clasificado que vén de perder co Eume Deportivo. O campo da Pedreira será o escenario no que se dipute este choque no que o Mugardos e o Boiro medirán as súas forzas o domingo ás 17.00 horas.

E o Cidade de Ribeira quere volver á senda do triunfo logo de perder e empatar os últimos 5 encontros. O último a derrota da pasada fin de semana na casa do Castro. Os branquiazuis afrontan a xornada dende o décimo lugar e mídese este domingo ao Lalín, un duro rival que ocupa agora mesmo o quinto lugar da táboa e que chega ao encontro cos ribeirenses logo de empatar cas Pontes. O anexo da Fieiteira acolle este domingo ás 17.30 horas este duelo de alta tensión no que o Cidade de Ribeira e o Lalín se verán as caras.

Tamén se disputará a trixésima xornada da Primeira Galicia. O Puebla precisa vencer ao Agolada para asegurarse pechar a fin de semana no terceiro lugar. O Unión recibe a visita do Calo e cunha vitoria podería durmir en postos de promoción. A Esteirana xoga a domicilio ante o Praíña e o Valiño fará o propio na casa do Bertamiráns para seguir afastándose do descenso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.