A GARDA CIVIL DETEN A CATRO VARÓNS POR UN ROUBO CON FORZA NUNHA VIVENDA DA SERRA DE OUTES

A Central Operativa de Servizos da Garda Civil da Coruña recibiu unha chamada dun cidadán alertando de que tres individuos entrara nunha casa tras baixar dun vehículo. Ante esta advertencia os axentes desprazáronse ata o lugar dos feitos e co apoio de reforzos localizaron o vehículo implicado nun callejón preto da estrada AC-550 á altura do kilómetro 58. Onde un dos sospeitosos atopábase ao volante, polo que a súa detención foi inmediata.
17042024 05 DETENCION ROUBO SERRA DE OUTES
A inspección continuou polo arredores onde os axentes deron co seguindo implicado intentando fuxír do patio dunha casa cercana. Os dous individuos restantes foron buscados polas patrullas de apoio nas fincas contiguas. Ata que finalmente foron localizados agochados dentro dun pozo.

A Garda Civil procedeu así á detención dos catro varóns orixinarios de Noia e Ribeira por un delito de roubo con forza en vivenda deshabilitada. As dilixencias instruidas foron remitidas ao Xulgado número 1 de Muros, onde os detidos foron postos a disposición xudicial.

O operativo levouse a cabo coa participación dos postos de Porto do Son, Negreira, Milladoiro e Patrón.

Salir de la versión móvil