CONGALSA DESTACA NA FEIRA SEAFOOD GLOBAL EXPO 2024 CON NOVAS REFERENCIAS DA PESCA LOCAL

A Seafood Global Expo 2024 é unha das feiras de produtos do mar máis importantes do mundo e Congalsa participará un ano máis. Trátase da trixésima edición e arrancará o próximo martes 23 de abril en Barcelona ata o xoves 25. Unha nova entrega que desde a organización apuntan que pretenden que sexa a maior da súa historia cunha superficie de 50.000 metros cadrados e a participación de expositores de 84 países.
17042024 07 CONGALSA SEAFOOD GLOBAL
Preciasamente por esta condicións, a empresa Congalsa non perderá a oportunidade de asistir e aproveitar para fortalecer as relacións cos clientes e proveedores, en especial cos de carácter internacional. Á par que presentarán as principais novidades do catálogo de produtos no expositor habilitado para a feria.

En concreto poranse en valor produtos de pesca do litoral, que cada vez teñen maior protagonismo dentro do catálogo de solucións para a canle Horeca. Ademáis Julio Simarro, conselleiro delegado da corporación asegura que aproveitarán o espazo para valorizar os produtos da pesca local que consolidan con novas referencias.

Na cita Congalsa amosará ao cliente novas recetas e un compromiso forte co produto de calidade e de proximidade.

Salir de la versión móvil