Deportes

O CONCELLO DE BOIRO ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA A COPA GALEGA 2024 DE FÚTBOL GAÉLICO TANTO MASCULINA COMO FEMININA

Os campos de Vista Alegre e de Valiño foron testigos dun día de deporte grazas á Copa Galega 2024 de fútbol gaélico. Unha disciplina que conseguiu encher as gradas de afeccionados e demáis deportistas.

A xornada transcorreu pola mañá e nas horas centrais do día as temperaturas complicaron un pouco o xogo, sen embargo todo saíu con naturalidade. Os deportistas puideron levar a cabo tódolos partidos e desfrutar dunha copa que serve tamén de confraternización entre os diferentes equipos do gaélico galego. Os anfitrións do Lorchos celebraban ademáis a súa incorporación polo que o deporte e o ambiente festivo foron os protagonistas na mañá de sábado.

En canto aos gañadores, o título feminino foi para as vitrinas da Estrela Vrmelha de Compostela, o seu segundo título consecutivo e o terceiro en tódala historia do clube. As picheleiras gañaron os dous partidos da fase de grupos, unha semifinal contra o Auriense e finalmente venceron ante Fillas de Breogán.

En canto ao título masculino os vencedores foron os coruñeses de Fillos de Breogán. Quenes curiosamente gañaron a final contra o Estrela Vermelha. Trátase do primeiro título de copa pete a levar 5 títulos de liga consecutivos.

Para rematar a xornada fíxose unha entrega de premios na que estivo presente unha representante de AGFG, o presidente do Galicia Bealo, o concelleiro de deportes do concello e o vicepresidente da RFGF.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.