Rianxo

DETIDO UN VECIÑO DE RIANXO POR NOVE ROUBOS CON FORZA

Nos últimos meses o concello de Rianxo foi testemuña dunha oleaxe de roubos con forza no interior de vivendas. Concretamente entre marzo e abril reportouse un aumento preocupante dos incidentes, xerando alarma e preocupación entre a veciñanza.

En resposta a esta situación, a Garda Civil do posto de Rianxo levou a cabo unha investigación que culminou este sábado coa detención do suposto autor de polo, menos nove dos delitos de roubo con forza. Estos concentráronse principalmente nos lugares de Abuin e Leiro.

Durante o rexistro domiciliario da vivenda do detido os axentes incautaron unha gran cantidade de material roubado que foi depositado das dependencias oficiais de Rianxo. Este material a súa vez será entregado aos denunciantes unha vez sexan identificados como seus.

A colaboración cidadá foi fundamental para o desenvolvemento da investigación xa que os veciños estaban en constante comunicación.

O actual detido e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrucción número 2 de Padrón. A Garda Civil aclara que pese á detención, a investigación segue en curso e non se descartan novas detencións en relación cos incidentes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.