UN VECINO DETIDO EN MUROS POR HURTO E USO ILEGAL DE VEHÍCULOS

Os axentes da Garda Civil do posto de Muros detiveron a un varón residente da localidade como sospeitoso de cometer dous delitos de hurto e uso de vehículos a motor e outros dous de reoubos con forza en segundas vivendas do municipio.
12042024 02 GARDA CIVIL
O método que seguía o presunto autor consistía en sustraer vehículos coas chaves postas para empregalos temporalmente e logo abandonalos. No caso de roubo das vivendas aproveitaba a deshabilitación detas e roubaba enseres e ferramentas habituais de domicilios, posiblemente coa colaboración de terceiras persoas.

A Garda Civil leva a cabo intensas investigacións debido ao aumento de delitos contra a propiedade privada en Muros no último mes. Estas deron os seus froitos coa detención deste individuo, sen embargo non se descartan novas detencións en relación aos mesmos delitos, polo que a investigación continúa aberta.

A colaboración cidadá foifundamental neste caso e desde a Garda Civil agradecen o apoio e a cooperación coas autoridades.

O detido xunto coas dilixencias instruídas pasaron a disposición xudicial do Xulgado de Instrucción de Muros.

Salir de la versión móvil