PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN CARDIOLÓXICA: GALA DE ENTREGA EN SANTIAGO O 22 DE ABRIL

A Asociación de Cardioloxía Ramiro Carregal celebrará a quinta edición do Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía o vindeiro luns 22 de abril ás sete da tarde no Hostal dos Reis Católicos en santiago de Compostela. Nesta gala premiarase á investigadora Ana Belén Cid quen recibirá unha dotación económica de 30.000 euros e un galardón acreditativo que recibira da man do mecenas.
10042024 08 ENREGA PREMIO CARDIOLOXIA
Ana Belén Cid é cardióloga no Hospital Clínico Universitario de Santiago e investigadora principal do proxecto «Optimización dun programa contemporáneo de reparación valvular mitral percutánea: estudo de determinantes prognósticos e desenvolvemento de modelos anatómicos preditivos computacionais». Polo cal a investigadora recibe o galardón.

Nel abórdase o desenvolvemento de novas técnicas de reparación mitral na insuficiencia mitral severa para mellorar o seu tratamento e prognóstico. Trátase da patoloxía valvular cardíaca máis común en maiores de 75 anos e a súa predición sen tratamento é desfavorable. Co seu traballo o grupo liderado por Ana Belén Cid levou a cabo un estudo de pacientes con reparación valvular mitral integrando datos clínicos, bioquímicos e anatómicos con técnicas de imaxe avanzada. Co obxectivo desenvolver modelos preditivos computacionais para planificar e optimizar o procedemento cirúrxico e evitar intervencións innecesarias.

Con isto a fundación Ramiro carregal e o seu xurado estimou conveniente facerlle entrega do galardón nunha gala onde a investigación e a sanidade serán as protagonistas.

Salir de la versión móvil