O BOIRO VOLEIBOL VENCEU POR 3-0 AO ALMENDRALEJO PARA PECHAR A SÚA PERMANENCIA NA SUPERLIGA 2

A Superliga 2 pechou a súa fase regular cun gran partido na Cachada. A última xornada xogouse con horario unificado xa que había varios equipos que se xogaban a permanencia na categoría, un deles o Rotogal. Os boirenses despedíanse desta temporada na casa, co apoio da súa afección e ante un rival ao que xa venceran na primeira volta, o Almendralejo Extremadura.
10042024 13 BOIRO VOLEIBOL
O Boiro Voleibol pechou a súa permanencia na Superliga 2 pola vía rápida e venceu ao conxunto extremeño por un incontestable 3-0. O equipo dirixido por Adrián Alves entrou ao encontro con nervios e o pagou nos primeiros puntos logo de cometer varias imprecisións. Sen embargo conforme avanzaba o encontro os do Barbanza foron afinando, Sebastian Giraldo, Renato Mendes, Anier Mariño e Alan Davila xurdiron para igualar o set. Logo do 11-11, os boirenses foron afastándose no marcador ata pechar o primeiro acto por 25-18.

Os nervios e as imprecisións desapareceron no segundo set, no cal os locais saíron máis enchufados. Os xogadores de Alves acariñaban a permanencia e non deron opcións ao Almendralejo, dando un golpe sobre a mesa para poñer o 2-0 no marcador despois de impoñerse sobre o parqué por 25-15.

E o terceiro sería o xogo definitivo. O Rotogal baixou lixeiramente o ritmo e os extremeños puxéronse por diante, pero foi efémero xa que os locais se reactivaron para pechar o duelo co 25-17.

3-0 final, vitoria cómoda do Boiro Voleibol que pechou a súa permanencia na categoría de prata do volei nacional logo de rematar a fase regular no noveno lugar. A competición continúa para o Intasa San Sadurniño, UD Ibiza Volley, cvleganes.com, Textil Santanderina, Instercap Asisa Tarragona y CV Utrera que disputarán a Fase Final da Superliga 2 na que se xogarán o campionato e o ascenso á Superliga.

Salir de la versión móvil