martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Localizan sen vida a un veciño de Baroña desaparecido esta mañá

Unha veciña de Porto do Son atopou esta tarde na praia de Xeiras, en Queiruga o cadáver dun veciño de Porto do Son que faltaba dende esta mañá da súa casa. O home é Salvador Quintáns de 81 anos, saira esta mañá cedo da casa, no lugar de Campanario, ó parecer a botarlle de comer ós animais, e xa non voltou. Ó non chegar á hora do xantar a familia alarmouse e deu aviso á Garda Civil. Veciños, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local organizáronse para buscar ó home antes de que caese a noite, ata a súa vivenda achegouse o alcalde de Porto do Son Luis Oujo e o concelleiro Manel Deán, que participaron tamen na búsqueda xunto con outros veciños, co obxetivo de atopalo mentres era día.
Unha búsqueda que rematou finalmente coa peor das noticias, cando unha veciña atopaba na praia de Xeiras o corpo do home, na beira do mar. Tras ser identificado agardaron a orde do xuiz para o levantamento do cadáver e para o seu traslado a Santiago, onde se lle practicará a auptosia para coñecer as causas do falecemento. Segundo puido coñecer esta redacción o corpo non presentaba golpes.
En Porto do Son están consternados con esta noticia, o home era moi coñecido, e solía frecuentar a zona dos Castros, por onde paseaba e ía pescar.

https://www.youtube.com/watch?v=ipnxuF7WqGw

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.