Pasada a unha do mediodía chegaban á lonxa de Aguiño os mariscadores e mariscadoras coa ameixa babosa recollida no banco marisqueiro de A Catía. Un día de mal tempo que deixou traballar preto da costa, pero con dificultades. Porén os topes de 10 k foron difíciles de coller.
Os mariscadores alternan a campaña da ameixa coa navalla e o percebe, así logran subsistir e traer un bo xornal.
Os mariscadores quéixanse do prezo que logra o produto na poxa, Apuntan que pode deberse a que son poucos os compradores que se achegan ata a rula aguiñense para mercar ameixa.
Esta mañá a ameixa cotizou na primeira parada a 20,90, a 17 a segunda , a 16,50 a terceira e a 15 30 a cuarta.
https://www.youtube.com/watch?v=seuphuzVuzc