O Concello de Noia xa remitiu a patrimonio copia do informe que falta para que se de o visto bo ó Plan Xeral

Noia está cada vez máis preto de aprobar definitivamente o Plan Xeral.O Plan Xeral foi aprobado provisionalmente no mes de marzo, logo de asumir en febreiro o goberno o PP. Segundo explica o alcalde, Santiago Freire, había tres informes desfavorables e que requerían mais documentación, o de Portos de Galicia, o do Ministerio de Industria e o de Patrimonio. Tras porse a traballar no documento, Portos e Industria xa deron o visto bo, e agora só falta que o faga Patrimonio.

https://www.youtube.com/watch?v=PQetyIQdmGE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.